Saltar ao contido

A UE001

by o 10 Xuño 2010

Malia a chuvia, rematamos o desbroce e limpeza do sector de escavación. Comeza agora a detallada reescavación das cuadrículas e sondaxes antigas. Non obstante, na parte W documentamos unha zona que non foi tocada polas escavacións precedentes. Na fotografía vedes como imos retirando a capa vexetal, e comeza a gromar o remate superior dun muro de gran lonxitude que semella delimitar o espazo doméstico xa coñecido. Este muro pode ser aquel que Filgueira Valverde interpretou como posible muralla do poboado fortificado. Como dicía non sei quen, o fútbol é impredecible porque comeza 0-0. Unha escavación comeza polo humus. Será ou non muralla? Admitimos apostas.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: