O baño das nove ondas
Se A Lanzada é coñecida en Galicia e fóra dela é polo rito de tomar as nove ondas. Sobre esta práctica, no seu momento, haberá que falar polo miudiño. Mais para a aterraxe ou primeiro contacto quizais o axeitado sexa ler esta recreación da autoría de Alba Paz Framil, contida no seu libro –de pracenteira lectura- Contos e lendas da Lanzada:
As parellas que non logran fillos veñen aquí á tomalas augas. Na última lúa de Agosto, ás doce da noite, a muller e mailo seu home, totalmente espidos, ten que acadar nove olas seguidas e despois xacer nunha das covas que están á beira da ermida ata a madrugada. O rompelo día a muller hase tombar no curruncho do berce da pedra tras da ermita pra que a semente fecunde e quedar preñada.
Todo esto han de facer durante nove días sen falla. Ben seguro…¡Un día non dá pra nada! Despois han de asistir á misa e á procesión, el cun cirio e ela cunha flor blanca das que brotan nesas datas no areal da Lanzada.
(Alba Nélida Paz Framil, Contos e lendas da Lanzada. El taller del poeta, Pontevedra, 2006, páx. 39)
Texto e fotografía de Buenaventura Aparicio Casado, quen comeza hoxe a súa colaboración no blog do proxecto.
Os comentarios están pechados.