Saltar ao contido

Narrativas, discursos e relatos

by o 8 Xuño 2010

Actualmente o Patrimonio Arqueolóxico d’A Lanzada atópase á marxe das inquendanzas dos turistas que se achegan á ermida. O castro remaneceu esquencido e ninguén repara nas ruínas da torre erguida no século X por Sisnando II. As sabias mulleres que venden esa bisutería enxebre de moluscos do Grove a rentes da capela románica sábeno ben, e albiscan o que podería contribuír recuperar todas esas ruínas. O noso proxecto procura revertir unha situación que ten o seu impacto tamén no discurso oficial que se lle amosa aos visitantes. Un panel interpretativo chantado ao carón do castro, perto do cruceiro, foi feito coas mellores intencións, malia que o texto confunde absolutamente todo. Reproducimos a continuación un paragrafo ilutratrivo ao respecto:

Nesta zona privilexiada, atopouse unha necrópole que constitúe unha das primeiras evidencias da presencia de vida humana en Galicia, e que data da Idade de Pedra. Avanzando na historia e tendo en conta a abundante riqueza da zona, o paso polo lugar de pobos como os Celtas, Fenicios e Romanos, deixou abundantes evidencias da súa presencia; podemos contemplar as ruínas dun castro Celta da Idade do Bronce, así como restos dunha necrópole prerromana na que abundan sepulturas e restos arqueolóxicos.

O que probablemente se quería dicir é que os restos óseos da necrópole tardorromana d’A Lanzada foron durante un tempo as máis antigas evidencias paleontolóxicas recuperadas na áceda Galicia (hoxe contamos con rexistros do (Paleolítico Medio alomenos), mentres que no resto do texto se confunden claramente as cronoloxías. Temos así un combinado complexo: un vacío arqueolóxico, un xacemento esquencido e un discurso turístico non actualizado. Todo este cóctel confunde ao público e non beneficia para nada á área arqueolóxica d’A Lanzada. De tódolos xeitos, cómpre darlle a volta ao argumento, e convertir unha limitación nunha posibilidade suxerente: redescubrir a Lanzada á sociedade. E niso estamos.

Fotografía: vista da área arqueolóxica d’A Lanzada, co replanteo da área de escavación da campaña de 2010.

From → O proxecto

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: