Replanteo
Iniciamos os traballos arqueolóxicos coa xeorreferenciación da área na que imos intervir, concretamente no Campo da Lanzada, no castro escavado xa en décadas anteriores. As metodoloxías de traballo teñen trocado moito. Xa non imos abrir as cuadrículas Wheeler que xa coñecedes. A nosa intervención é unha escavación en área na que non se deixan muros testigo, senón que se replantea unha malla de unidades de rexistro de 4 x 4 m Todas as estructuras e materiais localizados serán xeorreferenciados cunha estación total, un trebello topográfico conectado a Internet vía teléfono móbil con corrección diferencial. Como un GPS de alto nivel por falarmos en termos da vida cotiá.
Os comentarios están pechados.