Saltar ao contido

Gradiómetro de protóns

by o 4 Xuño 2010

Onte tamén levamos a cabo unha prospección magnética do campo d’A Lanzada cun gradiómetro de protóns de tipo Fluxgate. Os primeiros resultados permiten recoñecer a impronta da Arqueoloxía precedente. Así, por exemplo, documentamos os pivotes do valado que cinguía a área escavada nos anos 60. Tamén rexistramos, cara ao E, contra a estrada, restos de escombreiras recentes, refugallos de churrascadas e piquetas de tendas de campaña e dunha suposta carpa de mediano tamaño. Na fotografía antiga, de Antonio de la Peña, vemos precisamente os postes dunha destas tendas, nas escavacións dos anos 70. O que non nos apareceu foi o coche.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: