Saltar ao contido

Arqueoloxía hippie

by o 4 Xuño 2010

Xeracións de aqueológos e arqueólogas de Galicia teñen pasado polas escavacións arqueolóxicas d’A Lanzada. O seu traballo entusiasta ao longo de moitos anos serviu para redescubrir unha área arqueolóxica impresionante que lamentablemente despois quedou esquencida e abandonada. Dende o noso proxecto, queriamos recoñecer publicamente o labor de toda esa xente, que coadxudou a manter o carácter mítico deste sitio arqueolóxico. Pola nosa banda, tentaremos estar á altura das circunstancias, malia que vendo a fotografía de arriba vai ser francamente difícil. Con todo, adoitamos ser profesionais, pero de hippies tamén temos un pouco. Aproveitamos tamén para agradecer o apoio decidido e a estreita colaboración brindada polo Museo de Pontevedra, da man do seu director Carlos Valle e do arqueólogo Antonio de la Peña Santos, asesores científicos do proxecto d’A Lanzada 2010. Sen a información e documentación brindada por Antonio de la Peña este blog tería sido, até o momento, bastante máis aburrido.

Fotografía de Antonio de la Peña Santos. Escavacións dos anos 70 n’A Lanzada.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: