Saltar ao contido

Estratigrafía

by o 3 Xuño 2010

Guiados por esas angueiras de cientificidade estes novos arqueólogos adoptaban técnicas de escavación e analíticas para dilucidar o problema básico que preocupaba á Arqueoloxía tradicional: a Cronoloxía. O tempo e os castros, os castros no tempo, a necesidade de acadar periodizacións, de definir a orixe, formación, desenvolvemento e desaparición da cultura castrexa é o motor que move a Arqueoloxía da Idade do Ferro ao longo deste período, e a causa directa dunha renovación metodolóxica concretada na adopción sistemática do método Wheeler, a apertura de cortes estratigráficos e a aplicación incipiente do Carbono 14.

A adquisición da leitura estratigráfica como ferramenta básica da Arqueoloxía de campo, débese fundamentalmente á influencia da Arqueoloxía alemá, ao peso do Instituto Arqueológico Alemán de Madrid e á chegada ao NW de investigadores xermanos (Höck, Kalb) centrados na problemática do mundo dos castros do N de Portugal. A apertura de cortes estratigráficos obedece á necesidade de contextualizar os materiais e elaborar seriacións tipolóxicas. A obtención dun correcto perfil estratigráfico presentábase coma o horizonte de validación dun bo escavador, sobre todo en Galicia, onde se chegaba a defender a imposibilidade de acadar estratigrafías nos castros, debido supostamente á presenza dun sustrato granítico ou razóns como as que seguen (Eiroa 1980: 79):

La casi totalidad de los castros del Noroeste son yacimientos ‘inestratificados’. Es decir, carecen de una estratigrafía natural (sobre todo para las etapas más antiguas), aunque puedan poseer depósitos culturales que, lógicamente, encierran más dificultades de interpretación, sobre todo si somos conscientes de que desconcoemos el proceso evolutivo-tipológico de materiales tan básicos como la cerámica castreña, de la que aún está por hacerse un buen estudio de conjunto que evidencie una etapas evolutivas asociadas a unas secuencias cronológicas. Sin el previo copnocimiento de estos materiales básicos es absolutamente imposible interpretar bien als secuencias de unos depósitos, en lo que no se aprecian claramente diferencias de coloración, textura, composición, etc.

Fotografía: escavacións arqueolóxicas no castro da Lanzada nos anos 70, coas típicas cuadrículas Wheeler de 3 x 3 m (Arquivo do Museo de Pontevedra).

From → Historiografía

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: