Saltar ao contido

A Nosa Señora das Areas

by o 3 Xuño 2010

Roubaron a imaxe da Nosa Señora da Lanzada e tamén a Santiña de Baión. E hai moito desacougo no Salnés.

A Lanzada é un dos pozos de historia da Nosa Terra e, ademais, un lugar poético: o santuario, de fins do XIII, preside -cos restos da fortaleza que ergueron os meiriños de Iria no X- un conxunto de restos arqueolóxicos que mostran poboamentos moi antergos, unha citania, aras, a necrópole tradorromana e xermánica, e as salinas, famosas no medievo, que Fernando II doara a Oseira e que no XVIII favoreceron ao Colexio pontevedrés.

Mais hoxe quero eu lembrar esa Virxe das Areas de tanta devoción popular, que axunta fieis de toda Galicia no derradeiro domingo de agosto, un dos días do baño ritual das nove ondas.

Do santuario era patrono o Concello de O Grove. O capelán Xoán Fernández encabezou o Libro de Visitas no 1613, cun longo poema en louvor de Nosa Señora, “Jardín de amor, asombro de hermosura… estrella de la mar entre peñascos, de las soberbias olas defendidas”.  A Virxe era rica en gabanzas métricas e pobre en axuar polo que consta nos Inventarios, onde, por certo, as moedas que se anotan son tostoes portugueses; que a devoción chegaba ás bisbarras do Miño.

Filgueira Nosa Señora das Areas orixinal

filgueira Nosa Señora das Areas transcrición

Fondo Filgueira Valverde do Arquivo do Museo de Pontevedra (FV Ar 317-7)

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: