Saltar ao contido

Filgueira Valverde

by o 2 Xuño 2010

Falar d’A Lanzada é falar de Xosé Figueira Valverde. Grazas á colaboración do Museo de Pontevedra no presente proxecto, e nomeadamente do seu director Carlos Valle e do arqueólogo Antonio de la Peña, temos acceso a unha grande cantidade de material édito e inédito sobre as escavacións n’A Lanzada lideradas por este cofundador do Seminario de Estudos Galegos. Entre toda esta documentación topamos cunhas follas mecanografadas nas que Filgueira resume a potencialidade arqueolóxica do xacemento e as características do seu proxecto. Entre outras cousas afirma o seguinte:

El lugar es extraordinariamente atractivo para un estudio total, porque refleja el paso de sucesivas culturas sobre un lugar dotado de extraordinaria belleza natural, y porque leyendas, costumbres y toponimia reflejan este acarreo histórico. Allí se han econtrado utensilios prehistóricos de piedra tallada. En la comarca existen restos de construcciones megalíticas, un alineamiento, minas de remota explotación. Se ha excavado una citania castrexa, luego romanizada, una gran necrópoli bajo romana. Sobre el mismo terreno perduran los restos de la fortaleza medieval alzada contra las excursiones vikingas. Y la graciosa ermita de Nuestra Señora de La Lanzada, de un ingenuo románico. Y los terrenos que ocuparon las viejas salinas que quizá dieron nombre a la comarca.

Fondo Filgueira Valverde do Arquivo do Museo de Pontevedra (FV Ar 83-2)

nota corta sobre trabajos en A Lanzada

Fotografía: retrato dos membros do Seminario de Estudos Galegos por Ksado en Santiago de Compostela. Un xove Filgueira Valverde aparece marcado co número 18 (Arquivo do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento).


Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: