Unha Arqueoloxía de orde
Loxicamente debemos achegarnos á Arqueoloxía dos anos 50 e 60 sen perder de vista o contexto da época. Daquela, as escavacións arqueolóxicas seguían sendo realizadas por operarios do país sagazmente dirixidos por uns directores urbanitas que seguían apostando na meirande parte das ocasións, por dar la orden de proceder á apertura de zanxas exploratorias, cuxo obxectivo primordial era a documentación de muros ou estruturas definidas en pranta. A este respecto, as campañas de 1950 e 1951 n’A Lanzada son un bo exemplo desta Arqueoloxía de Campo. Na síntese de resultados publicada recóllese directamente unha transcrición literal dos cadernos de campo dos directores, sen maior elaboración (Filgueira Valverde e Blanco Freijeiro 1962). No diario de Filgueira Valverde de 1950 (1962: 138-45) considérase como traballo metódico a exhumación completa de dos casas tipo citania (1962: 143) e parte da muralla nunha zona determinada na que se ten abordado unha exploración por estratos que permite documentar unha secuencia estratigráfica definida polas facies de romano tardío, castrexo” (citania prerromana), posthallstático e bronce atlántico. A documentación dos muros céntrase na busca das súas caras, e o estudo do interior das vivendas redúcese a un cribado sistemático, se ben o baldeirado dos depósitos compénsase coa definición de testigos provisionais (1962: 143-44).
Filgueira Valverde, J. e Blanco Freijeiro, A. 1962. Excavaciones de La Lanzada. Noticiario Arqueológico Hispánico, V (1956-1961): 137-51. Madrid.
Fotografía: Traballos de escavación arqueolóxica n’A Lanzada nos anos 50 con Filgueira Valverde en primeiro plano (Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra).
Os comentarios están pechados.