Skip to content

A Lanzada na Arqueoloxía do franquismo

by o 24 Maio 2010

Para levar a cabo escavacións arqueolóxicas dentro do sistema do Plan Nacional, obsérvase unha obediencia tácita cara ás consignas do novo centralismo que concede os permisos, se ben, por outra banda, vemos que as relacións e contactos persoais son fundamentais para captar pequenas subvencións ou o simple interese do Comisario General de Excavaciones Martínez Santa-Olalla. Sirva de exemplo anecdótico esta referencia á orixe das escavacións no xacemento d’A Lanzada (Filgueira Valverde e Blanco Freijeiro 1962: 137-8):

En 1949 el Comisario General de Excavaciones, señor Martínez Santa-Olalla, y el señor Sánchez-Cantón, recorrieron detenidamente el lugar y reconocieron una estela romana entre los viejos sillares aprovechados en A Ponte. Esta visita motivó la concesión de créditos para las investigaciones, practicadas en los años 1950 y 1951, invirtiendo la suma de 8.000 pesetas en cada una de las dos campañas. Fueron dirigidas éstas por F. J. Sánchez-Cantón, y el que suscribe, con la cooperación en la segunda del profesor Blanco Freijeiro y de los alumnos de la Facultad de Historia señores García Alén y Millán González-Pardo.

Fotografía: visita de sabios ás escavacións d’A Lanzada na década de 1960. Entre outros, Monteagudo, Filgueira Valverde e Blanco Freijeiro (Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra).

Advertisements

From → Uncategorized

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: