Escañando n’A Lanzada
En cada provincia a situación variaba en función do equilibrio existente entre os poderes fácticos; así por exemplo, en A Coruña existe un control total por parte do Comisario J. M. Luengo y Martínez, mentres que en Pontevedra, a presenza do Museo de Pontevedra e a personalidade emblemática e emerxente a nivel político de Filgueira Valverde, convirten esta institución na chave da actividade arqueolóxica provincial. Pola súa vez, en Ourense, baixo o liderado de Cuevillas, deuse un curioso fenómeno de pervivencia do galeguismo cultural no seo do grupo Marcelo Macías de colaboradores do Museo, onde se ubicaban figuras determinantes como Xaquín Lorenzo ou Xesús Ferro Couselo, con quen traballaron activamente outros galeguistas como X. Taboada Chivite ou M. Chamoso Lamas.
Neste contexto vanse retomar as escavacións en castros de Galicia, unha actividad de investigación que se verá complementada coa realización de Cartas Arqueológicas Provinciales, seguindo as consignas establecidas polo CSIC na década de 1950. Dende o punto de vista teórico, resulta evidente a pervivencia do paradigma etnicista e historicista, mentres que a nivel metodolóxico se observa, valla a paradóxica redundancia, a ausencia de método ou, cando menos, a continuación de práticas propias dunha Arqueoloxía non profesional e/ou profesionalizada, como correspondía a aqueles tempos.
Fotografía: Escavacións dos anos 60 n’A Lanzada (Arquivo gráfico do Museo de Pontevedra).
Os comentarios están pechados.