A Lanzada: un lugar de morirse
Como di un colega noso, A Lanzada está de morirse. Efectivamente. Estamos diante dun espazo simbólico cnstruído ao longo dos séculos. A xente aínda recorda como a Santa Compaña saía de Adro Vello en Noalla, camiñaba até a Lanzada e de aquí sulcaba o mar deica a Illa de Ons. A necrópole tardorromana d’A Lanzada amosa o seu uso como camposanto tralo (suposto) abandono do castro? A cristianización desta paisaxe cultural consumouse en época altomedieval ao erguerse a famosa capela, epicentro da actual Romaría d’A Lanzada. O trasfondo simbólico de toda esta paraxe paradisíaca ponse de manifesto tamén nas abundantes referencias folklóricas recollidas dende o século XIX, entre as que destaca o famo ritual de fertilidade das nove ondas.
Fotografía: Sepultura tardorromana (ss IV-V) exhumada nas escavacións dos anos 60 (Blanco Freijeiro, Fusté Ara e García Alén). Cortesía do Museo de Pontevedra.
Os comentarios están pechados.