Saltar ao contido

A Lanzada 2010

by o 23 Maio 2010

A partir do 1 de xuño de 2010 desenvolverase no xacemento d’A Lanzada (Sanxenxo, Pontevedra) un proxecto de Arqueoloxía social dirixido por Rafael Rodríguez Martínez (Excma. Deputación Provincial de Pontevedra) e executado por un equipo do Laboratorio de Patrimonio do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento do Consello Superior de Investigacións Científicas. Esta iniciativa intégrase no proxecto Pousadas promovido pola Excma. Deputación de Pontevedra, entidade que financia os traballos de escavación e consolidación que se van levar a cabo de aquí a final de ano. Este blog é unha canle de difusión e comunicación do antedito proxecto arqueolóxico. Benvidos á experiencia arqueolóxica máis lanzada dos últimos tempos.

Fotografía: Xurxo Ayán.

From → O proxecto

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: