Saltar ao contido

Feliz Ano

por o 31 Decembro 2010

Se vemos o gráfico de barras coa evolución das visitas ao presente blog atoparemos unha recreación metafórica das nove ondas d’A Lanzada, cos seus altibaixos. Comezamos con esta iniciativa o 23 de maio incluso antes de meter a piqueta na área arqueolóxica. Dende aquela até hoxe temos rexistradas 43.325 visitas. Unha cifra dabondo significativa para reflexionar obre a visibilización social dun proxecto e xestión integral do Patrimonio como o noso. Até o momento editamos 302 entradas e contamos cunha media de 200 visitas a un blog, non o esquezamos, escrito nunha lingua minorizada, sobre unha área e unha temática moi concretas. Grazas a todos vós abrimos un oco no panorama arqueolóxico da Rede. Feliz Aninovo a todos os que fixestes posible este proxecto. Sen os vosos clicks todo isto non tería sentido.

About these ads

Os comentarios están pechados.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

%d bloggers like this: